sábado, abril 29, 2006

Solicitarán para la «Festa do Maio» la declaración de Interés Cultural
La Xunta de Galicia, a través de su Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, el Consejo Comarcal del Bierzo y la Asociación Cultural «Escola de Gaitas» impulsarán conjuntamente un proyecto para la defensa de la tradicional «Festa do Maio», que se celebra este fin de semana en Villafranca, y su promoción como uno de «los valores patrimoniales de interés cultural más representativo del Bierzo». Así lo avanzó el presidente de la Escola de Gaitas, Héctor Silveriro, quien explicó que este acuerdo se empezará a materializar con la publicación este verano de un DVD sobre los «maios» de Villafranca, que incluirá un documental realizado por Benxamín Vázquez para la Televisión de Galicia sobre esta tradición. Asimismo, solicitarán para la «Festa do Maio» de Villafranca la declaración de Interés Cultural, tanto a nivel comarcal como a nivel provincial y autonómico. diariodeleon.es

jueves, abril 27, 2006

PROGRAMA DE ACTOS MAIO 2006
Domingo 30 de abril :

RONDA POÉTICO MUSICAL
A partir das 18:00h
. A adornar os balcois da Rúa da Auga.

Ás 11 da noite: Comezará a Ronda poético musical teatreira primaveral pola Rúa que contará coa presenza dos Regueifeiros Luis Correa e Benito Lobariñas.

Ao remate haberá para todos unha máxica Queimada das castañas maias.

Luns 1 de maio:

O MAIO TRADICIONAL
A partir das 8,30
na Casa da Cultura para ir cortar as cañaveiras .

Ás 11,30 os maios andarán as rúas da vila para reunirse finalmente na Praza Maior a última hora da mañá.
Logo Comida campestre de todos os participantes con música e danza de sobremesa.

miércoles, abril 26, 2006

NOTA DE PRENSA

A Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca que está preparando a celebración do seu XXV Aniversario, estuda conxuntamente coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta e co Departamento de Cultura do Consello Comarcal Berciano un proxecto de defensa da tradición dos maios de Vilafranca como un dos VALORES PATRIMONIAIS DE INTERESE CULTURAL E IDENTITARIO máis representativos do Bierzo. Dada a riqueza do Patrimonio Tradicional que o Bierzo comparte con Galicia, un proxecto destas características foi unha das cuestións sinaladas con ocasión do acto de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á Unesco que o propio Presidente do Consello Comarcal do Bierzo Ricardo Saavedra e Luís Bará, Director Xeral de Difusión e Creación Cultural subliñaron o pasado mes de setembro en Vilafranca.
Este acordo contemplará unha serie de actuaciois de cara a difusión e asentamento da Festa do Maio. Unha das primeiras iniciativas nas que xa se está traballando é a publicación dun DVD sobre os Maios de Vilafranca, que incluirá un documental realizado por Benxamín Vázquez para a TVG sobre esta tradición e a súa recuperación por parte da Escola de Gaitas e diversos materiais do arquivo propiedade da Asociación, documentos audio-visuais inéditos sobre o mesmo tema. Espérase que estea editado nos primeiros meses do vrao.
Cando se cumpren 20 anos da edición en imprenta do primeiro cartel da Festa do Maio por iniciativa da Escola de Gaitas, pasados máis de 25 anos de organización da festa, chegou o momento de solicitar para este evento tradicional e ancestral o rango de Festa de Interese Cutural a nivel Local, Comarcal, Provincial e Autonómico.
Ese é un dos nosos obxectivos polo que nos iremos dirixindo ás distintas administraciois para lograr este recoñecemento, que, por outro lado, a nosa Festa xa o ten gañado ao ser quen de viaxar de xeitos diversos a lugares tamén diversos.
Chegamos a través de charlas onde o chamativo era a tipoloxía de maios, os maios humanos ou vivintes, perdidos en case que todos os lugares de Galicia hai máis de cen anos, por exemplo na súa capital houbo un maio-mozo moi parecido ao noso. Si eilí a Santiago de Compostela, chegou noutra ocasión o noso maio ás aulas da Facultade de Filoloxía por ser unha xoia da tradición oral do galego do Bierzo. Logo veríamolo en León formando parte dunha exposición fotográfica destacado por ser imaxe florida da vitalidade da primavera e postal fermosa da tradición que soubemos coidar ata hoxe.
Máis tarde, aparecerá en varios libros como a Guía das Festas Populares de Galicia ou o máis específico sobre a Festa dos Maios en Galicia que destaca de novo a súa singularidade lingüística e formal.

No ano 2004 aparece tamén no libro o Foro dos Maios de Ourense que levaba o título de “Levántate maio” onde se destaca a nosa experiencia na recuperación da tradición cando estaba en trance de desaparición. O maio estivo no ENCONTRO DE PORTADORES DA TRADICIÓN en Melgaço (Portugal) onde se reafirmou o noso compromiso coa tradición, por unha banda, e, pola outra, démoslle ao maio un carácter internacional ao formar parte da proposta da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués á UNESCO, unha proposta que dende o goberno de Galicia e o Ministerio de Cultura de Portugal está tendo unha grande importancia á hora de conservar, estudar e difundir un patrimonio que precisa da atención das instituciois.

Todos os vilafranquinos estamos especialmente implicados na conservación desta manifestación cultural que é un símbolo da nosa identidade, razón pola cal son cada vez máis os bercianos interesados en participar e festexar con nós esta festa. Vilafranca, a vila que ten un recoñecido patrimonio histórico-artístico, debe promocionar outros valores patrimoniais, debe facer desta festa tradicional unha referencia para ese turismo cultural que tantos e tantos visitantes trae á pequena Compostela. Este costume está ligado á influencia do Camiño Francés pola melodía que acompaña as letras do maio, unha tradición que seguro se asentou na nosa vila, coas coplas cantadas coa mesma música,conservadas ano tras ano, prácticamente desde o nacemento da Villa-Franca ou Villa Fracorum. O caso é que esta peza do noso tesouro patrimonial debe ser preservada para o futuro, por iso apostamos polo futuro da tradición e seguimos traballando con corazois.

Asociación Cultural
ESCOLA DE GAITAS.


PROGRAMA DE ACTOS MAIO 2006


Domingo 30 de abril :

RONDA POÉTICO MUSICAL
A partir das 18:00h. A adornar os balcois da Rúa da Auga.

Ás 11 da noite: Comezará a Ronda poético musical teatreira primaveral pola Rúa que contará coa presenza dos Regueifeiros Luis Correa e Benito Lobariñas, por iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de
Cuñltura da Xunta de Galicia.

Ao remate haberá para todos unha máxica Queimada das castañas maias.

Luns 1 de maio:

O MAIO TRADICIONAL
A partir das 8,30 na Casa da Cultura para ir cortar as cañaveiras .

Ás 11,30 os maios andarán as rúas da vila para reunirse finalmente na Praza Maior a última hora da mañá.
Logo Comida campestre de todos os participantes con música e danza de sobremesa.


O MAIO NAS ESCOLAS
Os CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO reciben habitualmente unha proposta didáctica da Escola de Gaitas de cara a consolidar o seu compromiso coa difusión entre os máis novos do costume e a participación activa tanto na ronda como nos cortexos de maios.

NOTA: Un agradecemento especial a todos os que traballan de corazón polo futuro da tradición. A Ramón Cela autor da foto do cartel e a Oswaldo Pereira o deseñador do mesmo.

COMUNICADO DE LA COMISIÓN CULTURAL “ MARTÍN SARMIENTO”
DE VILLAFRANCA DEL BIERZO.


La Comisión Cultural “Martín Sarmiento” quiere valorar muy positivamente los resultados de las reuniones realizadas en Santiago conjuntamente con Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural y con Marisol López, Secretaría de Política Lingüística de la Xunta de Galicia por un lado y por outro con Luisa Santín, Consejera de Cultura del Consejo Comarcal del Bierzo.
Sobre la mesa estaban un conjunto de iniciativas propuestas por la propia Comisión Cultural entre las que destacamos por su relevancia el firme compromiso de la Xunta de activar el proyecto de rehabilitación de la Casa Natal de Fray Martín Sarmiento para lo cual se dirigirán próximamente a la Junta de Castilla y León que como es sabido comparte al 50 %, según el convenio firmado en el 2002 siendo presidentes Herrera y Fraga, la responsabilidad de realizar dicha obra.
Otra de las iniciativas destacables es la preparación del calendario de los denominados “Circuítos Culturais Martín Sarmiento” que se pondrán en marcha oficialmente el próximo día 27 de mayo en Villafranca en la ceremonia de clausura de las II Xornadas Martín Sarmiento con la reopresentación de la obra teatral del autor Manuel Rivas titulada “ O Heroe” a cargo de Sarabela Teatro. Será en este acto donde, con la presencia de las dúas administraciones, se concretará el primer convenio que firmarán el Consejo Comarcal del Bierzo y la Xunta de Galicia, que va a enriquecer notablemente la oferta cultural en galego en el Bierzo.
Destacar que con Política Lingüística se abordaron distintas iniciativas entre las que figura un Proyecto de Catalogación y Recuperación de la Toponimia del Bierzo, una conclusión de las I Xornadas Sarmiento en las que se puso en evidencia la urgencia y necesidad de estes trabajos dada la transcendencia que suponen para la conservación de nuestra identidad patrimonial.
COMUNICADO DA COMISIÓN CULTURAL “ MARTÍN SARMIENTO”
DE VILAFRANCA DO BIERZO.

A Comisión Cultural “Martín Sarmiento” quere valorar moi positivamente os resultados das xuntanzas tidas en Santiago conxuntamente con Luís Bará Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e con Marisol López , Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia, por unha banda, e por outra con Luisa Santín Conselleira de Cultura do Consello Comarcal do Bierzo.
Sobre a mesa estaban un conxunto de iniciativas propostas pola propia Comisión Cultural entre as que destacamos pola súa relevancia o firme compromiso da Xunta de activar o proxecto de rehabilitación da Casa Natal de Frei Martín Sarmiento para o cal se dirixirán proximamente á Junta de Castilla y León que como é sabido comparte ao 50 % , segundo o convenio asinado no ano 2002 sendo presidentes Herrera e Fraga, a responsabilidade de realizar dita obra.
Outra das iniciativas destacables é a preparación do calendario dos denominados Circuítos Culturais “Martín Sarmiento” que se porán en marcha oficialmente o próximo día 27 de maio en Vilafranca na cerimonia de clausura das II Xornadas Martín Sarmiento coa reopresentación da obra teatral do autor Manuel Rivas titulada “ O Heroe” a cargo de Sarabela Teatro. Será neste acto onde, coa presenza das dúas administraciois, se concretará o primeiro convenio que asinarán o Consello Comarcal do Bierzo e a Xunta de Galicia, que vai enriquecer notablemente a oferta cultural en galego no Bierzo.
Finalmente destacar tamén que con Política Lingüística vanse abordar distintas iniciativas entre as que figura un Proxecto de Catalogación e Recuperación da Toponimia do Bierzo, que fora obxecto de debate nas I Xornadas Sarmiento nas que se puxo en evidencia a urxencia e necesidade destes traballos e a transcendencia que supón para a conservación da nosa identidade patrimonial.
Héctor M. Silveiro, como coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento.

viernes, abril 21, 2006

FESTA DO MAIO

viernes, abril 07, 2006

COMUNICADO DE LA ESCOLA DE GAITAS


AS FALSAS APARIENCIAS CONTRA O LEGADO TRADICIONAL


Parece ser que uns 3000 “vistosos” gaiteiros desfilarán polas rúas de Ponferrada.E por aquilo da gaita e do que din alguén pensará que isto é unha manifestación poderosa de música tradicional. Preguntámonos, dende cando foi tradicional no Bierzo, en Galicia ou Asturias unha gaita de tres roncos sobre o ombro, un tambor premier metálico de parches de plástico, un bombo tocado con dúas mazas ou un traxe de home con faldas ao máis puro estilo escocés. Así é como se presentará con este aire militar que a caracteriza a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organizadora da Liga galega de Bandas de Gaitas que se vai realizar na cidade do Bierzo o próximo día 9.
Os vellos gaiteiros, os nosos, os do país non se sentirán identificados con eses aparentes gaiteiros, nunca verán ese desfile como algo representativo da tradición. Pero aínda hai algo máis grave e oculto que é que este espectáculo está costeado por cartos públicos que en teoría deberían ir destinados á recuperación e difusión da música tradicional. Por todo iso a Escola de Gaitas de Vilafranca vese obrigada a declarar non grata no Bierzo esta invasión de gaiteiros tipo escocés. Temos, pois, o deber moral de denunciar publicamente este engano como portador dunha deformación, consciente e consentida, da tradición e a nosa identidade, e manifestar o noso desagrado ante esta moda que dende hai uns anos supón un intento de aculturización e homoxenización da nosa cultura musical.

Observamos con tristeza como este modelo está sendo exportado desde Ourense a territorios cunha longa tradición gaiteiril como son Asturias e o Bierzo, marxinando a figura tradicional do gaiteiro solista e da súa gaita, esa que non ten tres roncos sobre o ombro. Muitos dos nenos e nenas que aprenden a tocar nas bandas recentemente creadas no Bierzo a imitación da de Ourense, coñecen á perfección e por imposición das regras desa Liga de Bandas de Gaitas a dixitación da gaita escocesa ou a forma de tocar o tambor premier e o bombo con dúas mazas, tamén repiten unha e outra vez os modos de desfilar con disciplina muito antes de identificar o que é unha muliñeira de Ancares ou saber interpretar coa dixitación, cadencias autóctonas e co sabor propio unha peza calquera do repertorio dos abundantes gaiteiros do país ( referímonos a Domiciano de Balboa, a Isidro de Soutelo, a Emilio de Vilar de Aceiro, a Pepe Pincha o de Vilafranca ou Amadeo dos Albaredos e tantos e tantos outros).
É unha mágoa que chegase ata nós no século XXI un legado tradicional, noutros tempos marxinado por ser popular e anónimo, e que agora, cando é posible dignificalo, voltemos a marxinalo para introducir no seu lugar algo alleo e aculturizador, algo espectacular e grandioso, como por autoodio e vergonza do noso, do que nos identifica, como se non fose grandiosa a nosa riqueza folclórica da que nosoutros si nos sentimos orgullosos.
No contexto de abandono do rural, que conservou ata hoxe outras dinámicas, menos numerosas seguramente, pero máis sensibles coa variedade e a diversidade propia do folclore popular, esta moda exportada e interesada contribúe claramente á dexeneración e o desarraigo importando modelos foráneos, alonxando ás novas xeraciois de gaiteiros non só da instrumentación tradicional, senón das formas de tocar, sons e técnicas propias que son sustituidas ou alteradas por outras nunca usadas. Créanse así asociaciois masificadas onde non se cultiva o gaiteiro solista, e se valoran resultados aparentes tan distantes do festivo gaiteiro do país como a seriedade e rixidez do corpo á hora de interpretar un tipo de pezas que, como as muiñeiras ou as xotas, naceron, como todo o mundo sabe, para ser bailadas.

Nós como asociación cultural que somos non estamos en contra do movemento asociativo, ese que pode que exista tras estas bandas de gaitas, nin tampouco estamos pechados á diversidade cultural, artística e musical, pero si estamos rotudamente en contra de que se nos queira dar “gato por lebre”, é dicir, facer crer que este tipo de formaciois defenden a música tradicional e o que máis nos ofende é que a Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense estea recibindo cartos públicos que en teoría deberían ser destinados para o apoio da música da gaita galega e se nos venda, nunca mellor dito, un produto alleo como propio.
Dende o seu nacemento, hai xa case 25 anos, como é ben sabido por todos os bercianos, a Escola de Gaitas de Vilafranca, a primeira formación deste tipo nacida no Bierzo, buscou a súa liña de traballo sen ningún tipo de imposición e fixo acopio dos repertorios dos gaiteiros tradicionais do Bierzo, marcou así a súa filosofía de compromiso de recuperación da música tradicional como ten amosado en diferentes actuaciois e eventos como o Congreso de Folclore Berciano ( convocado nos anos 90 polo Inst. Estudios Bercianos) ou o Encontro de Gaiteiros tradicionais e a da gravación do mesmo no seu X aniversario, xusto cando nacía a Real Banda. A Asociación de Gaiteiros Galegos, asociación á que pertencemos, a máis representativa do mundo da gaita galega, vén tamén facendo esta mesma denuncia.
Preguntámonos se detrás desta espectacular parafernalia de centos de gaiteiros non haberá unha rede clientelar que é a que potencia este tipo de eventos que lonxe de ser un concurso musical, fixa a súa atención nas formas de desfilar dos grupos e cousas polo estilo. Por todo iso reclamamos ás instituciois que acollen este evento que poñan máis atención e máis coidado nos nosos valores culturais e non se deixen embaucar polas falsas apariencias que lonxe de ser símbolo de vigor cultural son evidencia do contrario, do confusionismo e da involución da cultura, por non dicir da falta de cultura.
O Bierzo non debe dobregarse a este atropelo identitario ao que nos queren sumar con este desembarco de centos de gaiteiros tipo escocés. Os bercianos somos amigos das tradiciois, estamos orgullosos da nosa identidade e deses símbolos que nos confiren personalidade propia, como son a gaita de sempre é a música tradicional. A Real Banda nunca fixo nada serio porque con eses cartos públicos que lle outorga a Deputación de Ourense se coñezan aos nosos vellos gaiteiros e se estuden con rigor os seus repertorios, pero si parece estar interesado na distribución en grandes cantidades de gaitas, percusión e vestiario todos regrados polo mesmo patrón que non son ademais tradicionais. O Bierzo precisaría un Conservatorio de Música tradicional, non dunha grande Liga de Bandas de Gaitas. O Bierzo precisa unha posta en valor do seu patrimonio musical e dos seus instrumentos tradicionais, pero non así. A Escola de Gaitas como colectivo comprometido coa tradición e conscientes do legado dos gaiteiros maiores, consecuentes coa nosa humilde experiencia transmisora do patrimonio musical tradicional, fai pois un chamamento aos bercianos para que se deixen aconsellar por aquel refrán popular que di que “as apariencias enganan”.

Héctor M. Silveiro Fernández, como presidente da ESCOLA DE GAITAS de VILAFRANCA DO BIERZO