O Bierzo estará representado no gran Proxecto de salvagarda e posta en valor do patrimonio inmaterial denominado Ronsel.
A Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura e Deporte e Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento do Rural (Adader) en colaboración coas tres universidades galegas puxeron en marcha este ambicioso proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial que contará cunha inversión inicial de 255.000 euros para desenvolvelo nun prazo de cinco anos. Dende a propia lingua, manifestacións festivas como o Entroido, as danzas, a música, os cantos, os oficios, ata os saberes relacionados coas labores agrarias e gandeiras, coa pesca, a vestimenta, as lendas, os xeitos de vida... son elementos dun universo cultural oral transmitido de xeración en xeración e que semella que está a esvaecerse xunto co contexto rural no que se xerou.
As universidades ocuparanse da súa planificación e execución, que se iniciará cun inventario sistemático do conxunto do patrimonio inmaterial galego e continuará co deseño e execución dun programa de recuperación e posta en valor deste patrimonio. Entre as primeiras actuacións está a creación de grupos de traballo nos que se dará participación ás entidades, asociacións e persoas individuais que veñen traballando xa dende hai anos na posta en valor do patrimonio inmaterial. Para este traballo de catalogación cóntase, como non podía ser doutro xeito, cunha representación berciana na persoa de Héctor Silveiro Fernández, como membro da Comisión Cultural Martín Sarmiento e da Asociación Escola de Gaitas, asociacións que organizaron no seu día un acto de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués á Unesco en Vilafranca do Bierzo (17 setembro de 2005).
As sesións de traballo que comezaron xa no mes de xullo terán a súa continuidade na Universidade de Vigo os próximos días 28 e 29 de setembro e pretenden inicialmente establecer un deseño estratéxico de actuación para evitar a perda desta riqueza patrimonial que logrou chegar ata o século XXI a través de xeracións de homes e mulleres que funcionaron e funcionan como transmisores deste gran legado que ten a cultura galega e da que debemos sentirnos orgullosos e dispostos a colaborar en que sexa un patrimonio para o futuro.