martes, marzo 07, 2006

INTERCAMBIO ESCOLAR “MARTÍN SARMIENTO” ( Bierzo-Pontevedra)
13-14 de marzo: 1ª sesión Intercambio escolar en Vilafranca:
Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria de secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra
30-31 de marzo: 2ª sesión Intercambio escolar en Pontevedra
Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca) e de Lingua galega dos centros IES. EUROPA e VIRGEN DE LA ENCINA (Ponferrada), IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo)
.
.
Xa ano pasado as Xornadas tiveron unha compoñente educativa e desenvolveron un traballo escolar moi significativo, que nos levan a presentar no presente curso unha experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor serán a figura e obra de Sarmiento. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas “O MEGO NA ESCOLA” .
Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA e do propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
.
.
.
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO
naceu no inverno do 2001 para celebrar no ano 2002 unha homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a “Junta de Castillla y León” a sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca.
A Comisión Cultural é unha posta en común aberta de todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico
As XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO”Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
O valor da Memoria como chamamento á reflexión, a mirada ao noso pasado para entender o presente e afrontar o futuro é un elemento imprescindible sempre á hora de abordar un traballo arredor do Patrimonio. Este ano 2006 é ademais un ano no que se dá a circunstancia de que no ámbito comarcal é rico en aniversarios e celebraciois ás que non podemos ser alleos. Destacaremos tamén os importantes traballos que a través das novas tecnoloxías como a Internet están dando os seus froitos na recuperación da memoria.
Unha estreita e vella relación do Bierzo con Valdeorras non nos pode pasar desapercibida de cara a un traballo conxunto sobre un patrimonio común, unha das grandes metas dos proxectos que tentamos poñer a andar.
CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”
O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA fai que, tras do primeiro paso que supuxo o intercambio propiciado polo goberno municipal de Pontevedra das Xornadas pasadas, a Comisión Sarmiento coordine a posta en marcha este ano dos CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO nos que participan igualmente concellos como os de Pontevedra e Vilafranca, pero que buscando a continuidade e a superación dos actos aillados auspiciamos un convenio entre o Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta para facer realidade esa ligazón activa, necesaria e prometedora no terreo da cultura.

No hay comentarios: