AS FALSAS APARIENCIAS CONTRA O LEGADO TRADICIONAL
Parece ser que uns 3000 “vistosos” gaiteiros desfilarán polas rúas de Ponferrada.E por aquilo da gaita e do que din alguén pensará que isto é unha manifestación poderosa de música tradicional. Preguntámonos, dende cando foi tradicional no Bierzo, en Galicia ou Asturias unha gaita de tres roncos sobre o ombro, un tambor premier metálico de parches de plástico, un bombo tocado con dúas mazas ou un traxe de home con faldas ao máis puro estilo escocés. Así é como se presentará con este aire militar que a caracteriza a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense organizadora da Liga galega de Bandas de Gaitas que se vai realizar na cidade do Bierzo o próximo día 9.
Os vellos gaiteiros, os nosos, os do país non se sentirán identificados con eses aparentes gaiteiros, nunca verán ese desfile como algo representativo da tradición. Pero aínda hai algo máis grave e oculto que é que este espectáculo está costeado por cartos públicos que en teoría deberían ir destinados á recuperación e difusión da música tradicional. Por todo iso a Escola de Gaitas de Vilafranca vese obrigada a declarar non grata no Bierzo esta invasión de gaiteiros tipo escocés. Temos, pois, o deber moral de denunciar publicamente este engano como portador dunha deformación, consciente e consentida, da tradición e a nosa identidade, e manifestar o noso desagrado ante esta moda que dende hai uns anos supón un intento de aculturización e homoxenización da nosa cultura musical.
Observamos con tristeza como este modelo está sendo exportado desde Ourense a territorios cunha longa tradición gaiteiril como son Asturias e o Bierzo, marxinando a figura tradicional do gaiteiro solista e da súa gaita, esa que non ten tres roncos sobre o ombro. Muitos dos nenos e nenas que aprenden a tocar nas bandas recentemente creadas no Bierzo a imitación da de Ourense, coñecen á perfección e por imposición das regras desa Liga de Bandas de Gaitas a dixitación da gaita escocesa ou a forma de tocar o tambor premier e o bombo con dúas mazas, tamén repiten unha e outra vez os modos de desfilar con disciplina muito antes de identificar o que é unha muliñeira de Ancares ou saber interpretar coa dixitación, cadencias autóctonas e co sabor propio unha peza calquera do repertorio dos abundantes gaiteiros do país ( referímonos a Domiciano de Balboa, a Isidro de Soutelo, a Emilio de Vilar de Aceiro, a Pepe Pincha o de Vilafranca ou Amadeo dos Albaredos e tantos e tantos outros).
É unha mágoa que chegase ata nós no século XXI un legado tradicional, noutros tempos marxinado por ser popular e anónimo, e que agora, cando é posible dignificalo, voltemos a marxinalo para introducir no seu lugar algo alleo e aculturizador, algo espectacular e grandioso, como por autoodio e vergonza do noso, do que nos identifica, como se non fose grandiosa a nosa riqueza folclórica da que nosoutros si nos sentimos orgullosos.
No contexto de abandono do rural, que conservou ata hoxe outras dinámicas, menos numerosas seguramente, pero máis sensibles coa variedade e a diversidade propia do folclore popular, esta moda exportada e interesada contribúe claramente á dexeneración e o desarraigo importando modelos foráneos, alonxando ás novas xeraciois de gaiteiros non só da instrumentación tradicional, senón das formas de tocar, sons e técnicas propias que son sustituidas ou alteradas por outras nunca usadas. Créanse así asociaciois masificadas onde non se cultiva o gaiteiro solista, e se valoran resultados aparentes tan distantes do festivo gaiteiro do país como a seriedade e rixidez do corpo á hora de interpretar un tipo de pezas que, como as muiñeiras ou as xotas, naceron, como todo o mundo sabe, para ser bailadas.
Nós como asociación cultural que somos non estamos en contra do movemento asociativo, ese que pode que exista tras estas bandas de gaitas, nin tampouco estamos pechados á diversidade cultural, artística e musical, pero si estamos rotudamente en contra de que se nos queira dar “gato por lebre”, é dicir, facer crer que este tipo de formaciois defenden a música tradicional e o que máis nos ofende é que a Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense estea recibindo cartos públicos que en teoría deberían ser destinados para o apoio da música da gaita galega e se nos venda, nunca mellor dito, un produto alleo como propio.
Dende o seu nacemento, hai xa case 25 anos, como é ben sabido por todos os bercianos, a Escola de Gaitas de Vilafranca, a primeira formación deste tipo nacida no Bierzo, buscou a súa liña de traballo sen ningún tipo de imposición e fixo acopio dos repertorios dos gaiteiros tradicionais do Bierzo, marcou así a súa filosofía de compromiso de recuperación da música tradicional como ten amosado en diferentes actuaciois e eventos como o Congreso de Folclore Berciano ( convocado nos anos 90 polo Inst. Estudios Bercianos) ou o Encontro de Gaiteiros tradicionais e a da gravación do mesmo no seu X aniversario, xusto cando nacía a Real Banda. A Asociación de Gaiteiros Galegos, asociación á que pertencemos, a máis representativa do mundo da gaita galega, vén tamén facendo esta mesma denuncia.
Preguntámonos se detrás desta espectacular parafernalia de centos de gaiteiros non haberá unha rede clientelar que é a que potencia este tipo de eventos que lonxe de ser un concurso musical, fixa a súa atención nas formas de desfilar dos grupos e cousas polo estilo. Por todo iso reclamamos ás instituciois que acollen este evento que poñan máis atención e máis coidado nos nosos valores culturais e non se deixen embaucar polas falsas apariencias que lonxe de ser símbolo de vigor cultural son evidencia do contrario, do confusionismo e da involución da cultura, por non dicir da falta de cultura.
O Bierzo non debe dobregarse a este atropelo identitario ao que nos queren sumar con este desembarco de centos de gaiteiros tipo escocés. Os bercianos somos amigos das tradiciois, estamos orgullosos da nosa identidade e deses símbolos que nos confiren personalidade propia, como son a gaita de sempre é a música tradicional. A Real Banda nunca fixo nada serio porque con eses cartos públicos que lle outorga a Deputación de Ourense se coñezan aos nosos vellos gaiteiros e se estuden con rigor os seus repertorios, pero si parece estar interesado na distribución en grandes cantidades de gaitas, percusión e vestiario todos regrados polo mesmo patrón que non son ademais tradicionais. O Bierzo precisaría un Conservatorio de Música tradicional, non dunha grande Liga de Bandas de Gaitas. O Bierzo precisa unha posta en valor do seu patrimonio musical e dos seus instrumentos tradicionais, pero non así. A Escola de Gaitas como colectivo comprometido coa tradición e conscientes do legado dos gaiteiros maiores, consecuentes coa nosa humilde experiencia transmisora do patrimonio musical tradicional, fai pois un chamamento aos bercianos para que se deixen aconsellar por aquel refrán popular que di que “as apariencias enganan”.
Héctor M. Silveiro Fernández, como presidente da ESCOLA DE GAITAS de VILAFRANCA DO BIERZO

No hay comentarios:
Publicar un comentario